O programa do Congreso A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media pódese consultar na seguinte ligazón.
Participan máis de 60 especialistas no ámbito das mulleres da Idade Media con ponencias e comunicacións agrupadas en sesións temáticas, nas que se darán a coñecer as últimas novidades sobre a materia, desde unha perspectiva transversal.
O Congreso conta con recoñecemento de 1 crédito ECTS para os estudos de Grao da USC e como actividade para o Doutoramento en Estudos Medievais.