O Proyecto de investigación VMM (MINECO-FFI-2014-55628) organizou o Congreso A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media, que se celebrou en Santiago de Compostela, entre os días 1-3 de febreiro do 2017. O evento foi un foro de debate no que tiveron acollida relatorios impartidos por especialistas de referencia no ámbito internacional e comunicacións do persoal investigador das áreas dos estudos literarios, históricos ou filosóficos sobre o protagonismo femenino nos textos literarios e non literarios na Idade Media.
2 comments on “Congreso “A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media””
Olá gostaria de saber se houve publicação das fotos em algum lugar.
Si, en breve estará colgada unha galería de fotos do congreso (con máis de 200) na web. Avisaremos cando estea dispoñible polo correo oficial [email protected].