A pesar de que a Idade Media é vista como unha época fundamentalmente masculina, a partir do século XII as mulleres cobran relevancia social e literaria con voces que se escoitan en múltiples espazos. Son mulleres de diferente condición que contan cunha produción literaria, científica e artística relevante pola súa significación, e ás que pretendemos dar voz analizando a feminidade xenética e/ou textual, presente tanto nos textos literarios como na documentación medieval, dende diferentes perspectivas transversais e particulares.
A reunión científica enmárcase dentro do proxecto de investigación “Voces de mujeres en la Edad Media Románica: realidad y ficción (siglos XII-XIV)” (MINECO-FFI-2014-55628-P) e, ademais de dar cabida a relatorios impartidos por especialistas de referencia no ámbito internacional, ofrecerá un foro de difusión para a presentación de comunicacións do persoal investigador das áreas dos estudos humanísticos.
Liñas de investigación
– O protagonismo das mulleres na tradición literaria medieval.
– As trobairitz: ficción e realidade na produción lírica feminina.
– Tradución e composición feminina na Idade Media: o caso de Marie de France.
– Christine de Pizan: a defensa da muller e a reivindicación das súas liberdades.
– Voces de mulleres na documentación medieval.
– O mecenado literario feminino.
– A presenza feminina no ámbito monástico.
– Perspectivas metodolóxicas para o estudo das mulleres na Idade Media: novos enfoques.
– Recuperación do pensamento e da filosofía medieval dende unha perspectiva de xénero.
– Humanidades dixitais: bases de datos, recursos dixitais e páxinas web de referencia para o estudo da muller na Idade Media.
As propostas de comunicación estarán encabezadas por un título e un resumo que non debe superar as 250 palabras. Deben estar acompañadas polo nome do autor/a, a súa filiación académica, cinco referencias bibliográficas relevantes para o estudo do tema presentado e seis palabras clave como máximo. Os investigadores e investigadoras que desexen participar no encontro deben enviar os datos solicitados á conta de correo do congreso: [email protected] como arquivo adxunto en formato .doc ou .docx antes do 10 de novembro de 2016. Os relatorios poderán realizarse en calquera lingua románica e terán unha extensión máxima de 20 minutos de presentación, seguidos dun breve debate e coloquio. Todas as contribucións que se reciban serán avaliadas de forma anónima polo comité científico internacional do congreso, que conta con expertos de referencia para cada unha das liñas de investigación. Os autores/-as recibirán a resposta de aceptación no encontro antes do 30 de novembro. Unha vez notificada a avaliación favorable, os interesados/as deberán realizar o pagamento das taxas de matrícula ata o día 15 de decembro.
Así mesmo, habilitáronse dez bolsas destinadas a axudar a sufragar os gastos da matrícula e da estancia a novos /as investigadores/as que deban desprazarse á nosa cidade para participar como comunicantes no congreso e teñan unha situación laboral en paro. A asignación realizarase por concorrencia competitiva, de forma que, ademais dos datos referidos con anterioridade, as persoas que así o desexen deben achegar tamén coa proposta de comunicación un texto (máximo 500 palabras) no que expliquen a motivación pola que solicitan unha das bolsas e un curriculum con formato oficial.
Cotas de inscrición
Asistentes con comunicación: 50 €
Novos/as investigadores/as con comunicación: 20 €
Asistentes con certificación: 15 €
Conta para realizar o ingreso: ES40-0049-2584-9022-1400-2210 (Banco Santander).
Concepto: Congreso Presenza feminina na escritura
Para formalizar a inscrición débese enviar o xustificante de pagamento escaneado ao correo electrónico: [email protected] cumprindo os prazos establecidos. Para os alumnos/as que participen como asistentes ou que deban realizar unha transferencia bancaria dende o estranxeiro ofrécese a posibilidade de confirmar a matrícula no congreso mediante o pagamento das taxas correspondentes na mesa da secretaría do evento (previo aviso).
Comité científico
Mercedes Brea (USC)
Sonia Maura Barillari (Università di Genova)
Patrizia Caraffi (Università di Bologna)
Marta Cendón Fernández (USC)
Victoria Cirlot Valenzuela (Universitàt Pompeu Fabra – Barcelona)
Ana Mª Domínguez Ferro (USC)
Yara Frateschi Vieira (Universidade Estadual de Campinas, Brasil)
Eukene Lacarra Lanz (Universidad del País Vasco)
Charmaine Lee (Università degli Studi di Salerno)
Rosa Mª Medina Granda (Universidad de Oviedo)
Angelica Rieger (RWTH Aachen University)
Adeline Rucquoi (Centre de Recherches Historiques, EHESS-Paris)
Comité Organizador
Directora: Esther Corral Díaz (USC)
Secretaría: Óscar Collazo Rodríguez e Tania Vázquez García (USC)
Actividade formativa do Doutoramento de Estudos Medievais (USC) e solicitado un crédito de formación para alumnos/as do ámbito de humanidades da USC.
Pódese descargar o arquivo da primeira circular en