© Óscar Collazo
11. Marie de France.4800X3600
20. Amelot_(20).4800x3600
21. BNF-fr-854-f140r.Azalais. 4800x3600
3. Comptessa Día 1.4800X3600
10. Christine de Pizan.4800X3600
22. IVR52.4800x3600
4. Comptessa Día 2.4800X3600
 

Miguel García-Fernández

Equipo de trabajo

Miguel García-Fernández é Licenciado en Historia, coas orientacións de Historia Medieval e Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela [USC] (2011), e con grao trala presentación da súa tese licenciatura As mulleres nos testamentos galegos da Idade Media (2012). Así mesmo, realizou o máster en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, textos e contextos na mesma universidade (2012). Obtivo o Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia (2012), os Premios Extraordinarios de Licenciatura e Máster da USC (2013) e o Terceiro Premio Fin de Carrera do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2014). Actualmente é bolseiro do Programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e Investigador en Formación e Perfeccionamiento no Grupo de Investigación GI-2108 “Historia social de Galicia na Idade Media”, mentras está realizando a súa tese de doutoramento sobre A posición das mulleres na sociedade medieval. Unha análise da práctica testamentaria na Galicia dos séculos XII ao XV, baixo a dirección do Prof. Dr. D. Ermelindo Portela Silva.

Bolseiro de Introdución á Investigación JAE-Intro do Consejo Superior de Investigaciones Científicas no 2009 e 2010, tamén foi bolseiro de colaboración no Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC (2010/2011), investigador predoutoral contratado pola Xunta de Galicia na mesma universidade (2012-2013) e colaborador, desde o 2010, no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, onde ten realizado prácticas e estadías de investigación no marco dos proxectos de investigación Mulleres con poder ao final da Idade Media: colección de documentos e Mulleres con poder ao final da Idade Media: o testamento, a morte e a memoria, ambos dirixidos polo Dr. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Tamén realizou estadías de investigación no Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa, coa Profª Dra. D.ª Amélia Aguiar Andrade, e no Department of History  da University of Exeter, co Prof.  Dr. D. Simon Barton.

A súa principal liña de investigación céntrase na historia das mulleres e das relacións de xénero na Galicia medieval, tendo sido un dos organizadores do “I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia” (2011 e publicación das actas no 2012), do ciclo de seminarios de especialización “Mulleres con poder ao final da Idade Media” (2011), de tres “Seminarios de Especialización en Historia Medieval” e do Congreso Internacional “Raíñas e Infantas nos Reinos Medievais Ibéricos” (2014). Desde o ano 2011 vén participando en diversos encontros académicos e científicos de ámbito nacional e internacional.

Máis información: http://miguelgarciafernandez.weebly.com/

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies