Tania Vázquez García é graduada en Linguas e Literaturas Modernas, no itinerario de Filoloxía Románica, coa mención de Premio Extraordinario, pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2015. Asistiu a diferentes cursos, congresos e actividades relacionados coa lingua, a literatura, a cultura e a historia da Idade Media que lle permiten complementar a súa formación e estudos universitarios. O seu Traballo de Fin de Grao, titulado Os xéneros dialogados na lírica románica medieval, recibiu a máxima cualificación e o IX Premio á Calidade Lingüística do Servizo de Normalización Lingüística da USC na área de Artes e Humanidades. Ademais, contou cunha Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no Departamento de Filoloxía Galega (Área de Filoloxía Románica), co fin de realizar aproximacións á tenson e ao partimen nas diferentes tradicións líricas románicas. Actualmente, continúa a súa formación investigadora no ámbito da literatura medieval en linguas vernáculas, prestando especial atención ás trobairitz occitanas e á representación da muller na lírica galego-portuguesa. Participou con comunicacións en reunións científicas internacionais como: “La Autoría: reflexiones teóricas y análisis de las prácticas” (Universidade de Santiago de Compostela), “Congreso de nuevos investigadores SELGyC” (Universidad Autónoma de Madrid), “Locas: escritoras y personajes femeninos cuestionando las normas” (Universidad de Sevilla), “I Congreso Internacional de Nuevos Investigadores en Estudios Literarios y Culturales (Universidade de Vigo), “Workshop de Estudos Medievais” (Universidade do Porto), “Simposio de Estudios Medievales: retos de la investigación” (Universidad Complutense de Madrid) e no “XXVIII CILFR” (La Sapienza, Università di Roma). Algúns destes traballos xa foron publicados en editoriais de prestixio como ArCiBel.
Tania Vázquez García
Equipo de trabajo