O profesor Martin Aurell, do CNRS de Poitiers, impartiu o seminario titulado “Cultura Cabaleiresca e literatura artúrica (séculos XII e XIII)”, convidado polo grupo de investigación GI-1350 da USC, no que se integran membros do equipo de investigación deste proxecto.
O apartado dedicado ás “voces femininas” tivo un especial relevo na xornada de traballo e poderá consultarse aquí.
A Prof.ssa Charmaine Lee, da Università degli Studi di Salerno, presentou o seminario que leva por título: “A tradición misóxina na Idade Media e os Fabliaux”.
Os Fabliaux son unhas breves composicións de orixe francés, onde a voz da feminidade e a articulación retórica da muller ocupan un lugar destacado. Ch. Lee descubriunos o modo en que estes personaxes se configuran nos entornos populares machistas dos últimos séculos do medievo.
Para maior información, prema aquí.